Lydia Botana enche de música e emocións o Teatro Pastor Díaz co seu espectáculo

AMariñaXa
Os nenos e nenas de entre 3 e 10 anos poderán descubrir diferentes culturas, aprender sobre diversidade e gozar dunha experiencia participativa
Lydia-Botana
23 Oct 2025

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 25 de outubro, o novo espectáculo de Lydia Botana, De aquí para alá coas emocións, unha proposta didáctica, musical e chea de ritmo pensada especialmente para o público infantil. A función, que comezará ás 18:00 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos, combina música, danza e historias nun percorrido emocionante arredor do mundo.

A través desta viaxe cultural, os nenos e nenas de entre 3 e 10 anos poderán descubrir diferentes culturas, aprender sobre diversidade e gozar dunha experiencia participativa que celebra o respecto e a curiosidade polo que é diferente.

As entradas poden adquirirse de luns a xoves no teléfono 982 560 162, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal. Tamén estarán dispoñibles na billeteira do teatro unha hora antes do inicio do espectáculo.

O Concello de Viveiro convida a todas as familias a asistir a esta proposta cultural que promete unha tarde inesquecible de aprendizaxe e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.06684398651123