Lume Escénico, da Pontenova, representará Cousas de bares en Alfoz
AMariñaXa
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa Cousas de bares. Poderase desfrutar deste obra o sábado 7 de maio ás 20.00 horas
26 Apr 2022
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa Cousas de bares. Poderase desfrutar deste obra o sábado 7 de maio ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.
Esta obra está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.