Lume Escénico actúa na Pontenova o día 9

AMariñaXa
O grupo Lume Escénico representa Cousas de bares o sábado 9 de abril ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
cousas de bares a pontenova portada
28 Mar 2022

O grupo Lume Escénico representa na súa casa Cousas de bares. Poderase desfrutar deste obra o próximo sábado 9 de abril ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pontenova.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!

0.1064600944519