Luis Piedrahita presentará na casa da cultura de Burela o seu novo monólogo
AMariñaXa
O sábado 6 de maio de 2023 ás 20.
9 Xan 2023
O sábado 6 de maio de 2023 ás 20.00 horas Luis Piedrahita presentará na casa da cultura de Burela o seu novo monólogo, Es mi palabra contra la mía.
Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luis analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.As entradas xa están á venda aquí.
Unha vez máis Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo gallináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas. Un show no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.