Lucía Prieto Fraga tomou posesión no Pleno da Corporación local do Vicedo
Lucía Prieto Fraga vén de tomar posesión no Pleno da Corporación local do Vicedo como Concelleira do Grupo Municipal do PSdeG no Concello.
Queda así ao completo a agrupación socialista, con tres concelleiros, tras a marcha por motivos persoais de María Pérez Santaballa.
A nova voceira socialista, Verónica Canoura, subliñou que os socialistas seguen a traballar pola mellora do concello mariñano “coa mesma ilusión e ganas”, e “cun cumpromiso total cos nosos veciños e veciñas”.
Precisamente, froito dese labor do PSdeG do Vicedo en favor da mellora das condicións de vida da veciñanza, dos servizos públicos e das oportunidades económicas do municipio, esta mesma semana celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo creado grazas a unha moción defendida polos socialistas, que foi aprobada o 31 de xaneiro deste ano no Pleno, para abordar a situación e necesidades do colexio público da localidade, e para tomar medidas para manter e mellorar o funcionamento do centro educativo.