Lucía Ferro presenta o seu libro en Barreiros este sábado

AMariñaXa
con M de Mulleres, chega ao Concello de Barreiros. SOn diversos actos que se encadran dentro da celbración do 8M
barreiros con de mulleres 8M 2022 1
18 Mar 2022

O Concello de Barreiros quere mostrar á veciñanza o potencial das mulleres mariñás co programa Barreiros con M de Mulleres. Para elo, dentro da programación que a concellería de igualdade organizou este mes de marzo co gallo do día da muller 8-M, inclúese a presentación do libro  «Resaibo amargo» da escritora barreirense Lucía Ferro. 

O acto, que terá lugar este sábado 19 de marzo, ás 12 h. nos colexios vellos de San Miguel, será conducido pola escritora burelá Antía Yañez, unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén falará do seu libro Senlleiras.

0.15983390808105