Luar na Lubre ofrece un concerto de balde en Lourenzá
AMariñaXa
A Xunta patrocina o concerto no marco da celebración da “Lenda do Conde”
9 Ago 2024
A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerá Luar na Lubre o vindeiro 30 de agosto en Lourenzá no marco da celebración da “Lenda do Conde”, que organiza a Asociación Conde Santo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento, que este ano conmemorará ademais o 50 aniversario da declaración do mosteiro de Vilanova de Lourenzá como conxunto histórico artístico.
O concerto comezará ás 12 da noite no claustro do mosteiro. Antes haberá unha cea e proxectarase un audiovisual sobre a Lenda do Conde, a partir das 21.30 horas. Os organizadores animan a acudir con traxe de época.