Lourenzá solicitará que se lle adiquen a Fernández del Riego as Letras Galegas
Os tres grupos da Corporación de Lourenzá solicitan da Real Academia Galega que se lle adique a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas do próximo ano.
Os tres grupos políticos que conforman a Corporación Municipal de Lourenzá presentan ao Pleno do vindeiro luns, 31 de maio, unha moción conxunta na que lle solicitan á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do próximo ano se lle ve adique ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego.
Ao mesmo tempo dirixiranse aos demais concellos da Mariña, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol para que apoien esta iniciativa.
Francisco Fernández del Riego nado no lugar de Vilanova de Lourenzá en 1913, e finado en 2010 foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia