Lourenzá selecciona este mes as obras do terceiro certame de teatro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Oct 2019

A concellaría de cultura de Lourenzá, que dirixe o socialista Manuel Arango, vai a seleccionar, a metade do mes de outubro, as obras que van participar no terceiro certame de teatro afeccionado que leva o nome do concello.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.

A concellaría convocara este verán o certame e o 30 de setembro finalizou o prazo de inscrición. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación ou desprazamento.

A web do Concello mantén publicadas as bases nas que se establece un premio de 750 euros á mellor representación. Asemade haberá trofeos para os mellores actores principais e de reparto, mellor posta en escea e un premio polo público asistente.

As funcións representaranse durante novembro e en decembro haberá unha gala especial de entrega de premios.

Na pasada edición, a obra premiada foi unha comedio titulada Dios, da compañía Fauna 113, de Vigo.

0.16131806373596