Lourenzá quédase sen brigada de incendios por falta de capataz

AMariñaXa
A Deputación de Lugo aportou 50.000 euros para a mellora da Casa da Xuventude e a construción dun depósito de auga en Lourenzá
Medios anti incendios
16 Aug 2023

O Concello de Lourenzá vese na obriga de renunciar á brigada de incendios por falta de capataz.

A alcaldesa, Rocío López, explica que “o pasado mes de maio Concello de Lourenzá firmou un convenio coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais durante este ano 2023. A través deste convenio o Concello solicitou axuda para a contratación dunha brigada de 5 operarios e tamén para as tarefas de desbroce mecanizado presentando os correspondentes Plans de Actuacións Preventivas, que foron aprobados co visto e prace do Distrito Forestal.  O Concello levou a cabo todos os trámites esixidos para a selección dos membros da brigada de 5 compoñentes: xefe de brigada, peón condutor e 3 peóns forestais, aprobando as bases e presentando as ofertas no SEPE.  Unha vez convocados todos os candidatos para os recoñecementos médicos e a proba de esforzo só resultaron aptos provisionais 3 peóns, non pasando dita proba o xefe de brigada. Dende o Concello ampliouse a busca por todo o territorio galego contactando con técnicos doutras provincias, centros de formación e incluso con outros concellos, non habendo ningún capataz dispoñible”.  

A rexedor municipal engade que “ante a imposibilidade de constituír a brigada sen xefe no prazo improrrogable do 15 de agosto, tal e como esixe o convenio, o Concello de Lourenzá vese na obriga de renunciar á brigada de prevención e loita contra incendios forestais nesta anualidade 2023, iso si mantendo o desbroce mecanizado”. 

Rocío López considera que “é unha pena ter que renunciar a un servizo tan necesario como este xa que dispor dunha brigada é unha ferramenta de moita axuda na prevención e loita contra os incendios forestais e máis en concellos como este, cunha importante masa forestal, e moito máis aínda en veráns secos como o que estamos a vivir. Lourenzá non foi o único concello que se viu na obriga de renunciar á brigada por falta de capataces; todos os anos temos dificultades para atopar, o mesmo que coa contratación dos socorristas. Este é xunto coa contratación dos socorristas algúns dos problemas cos que todos os anos temos que lidiar nos Concellos. Creo que a Xunta debería replantexarse ambos temas de cara a garantir e facilitar o correcto funcionamento nun futuro de dous servizos primordiais e de gran necesidade para os municipios para que situacións coma esta non volvan a pasar”.

A alcaldesa remata comentando que “o desbroce mecanizado si que se vai a levar a cabo en distintas pistas forestais do concello, tal e como recollemos no plan de accións preventivas e agardamos que os traballos se inicien en breve”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17577600479126