Lourenzá prepárase para vivir a XI edición de “Vespafaba & Clásicos”

AMariñaXa
O encontro, que se celebra o 4 e 5 de outubro no marco da Festa da Faba, reunirá scooters, motos e coches clásicos cun programa cheo de actividades
8-edicion-vespa-faba-lourenza-1
3 Sep 2025

Lourenzá xa conta os días para acoller unha nova edición do “Vespafaba & Clásicos”, unha cita que este ano chega á súa undécima edición e que se desenvolverá os días 4 e 5 de outubro coincidindo coa XXXIII Festa da Faba. O evento, organizado polo club Clásic@s Lourenzá LU Vespa Faba, converterá as rúas da vila nun escaparate de scooters, motos e coches clásicos.

A xornada do sábado estará dedicada ás dúas rodas. Desde as dez da mañá, a rúa Fernández del Riego acollerá a recepción e exposición de scooters e motocicletas antigas. Ás 11:30 terá lugar unha xincana con diferentes probas de habilidade, e media hora despois iniciarase a ruta motorizada. Xa pola tarde, os participantes compartirán xantar baixo carpa, con servizo a cargo de Catering Val da Brea, momento no que tamén se entregarán premios e se realizarán diversos sorteos.

O domingo será a quenda dos coches clásicos. A recepción dará comezo ás dez da mañá, e pouco despois iniciarase a ruta que levará os vehículos ata Bretoña, onde terá lugar unha exposición aberta ao público. A comitiva regresará a Lourenzá pola tarde, con nova parada no Hotel Casa da Luz, e o programa pecharase cunha entrega de agasallos e trofeos.

A inscrición para participar ten un custo de 35 euros, que inclúe xantar, participación en todas as actividades e recordos conmemorativos. Para acompañantes establécese unha cota de 15 euros. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 20 de setembro.

Desde a organización destacan que esta cita vai máis alá dunha simple concentración, xa que combina a paixón polo motor coa tradición gastronómica e festiva de Lourenzá, converténdose nun dos reclamos máis singulares da comarca.

PROGRAMACIÓN

⚙ Configurar cookies
0.17630290985107