Lourenzá prepara para o seu Novembro cultural

AMariñaXa
O Concello de Lourenzá prepara para este mes o Novembro cultural, no que acollerá unha serie de presentación de libros.
novembro cultural lourenza 1
2 Nov 2021

O Concello de Lourenzá prepara para este mes o Novembro cultural, no que acollerá unha serie de presentación de libros durante os sábados.

Dará comezo o sábado 6 ás 19.00 no Pazo de Tovar co libro No duerme nadie de Isabel Olmos Pares, seguirá o sábado 13 á mesma hora co libreo Os 25 anos da obra confusión e morte de María Balteira, de María Campo.

Xa o seguinte sábado ás 17.30 na igrexa de Vilanova de Lourenzá será a queda do libro de Xosé A. Miguelez Díaz, Oda a Xesucristo, e xa por último o venres 26 no Pazo de Tovar ás 19.00 horas poderase desfrutar de dúas presentacións, a primeira será a do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada, e a segunda, Contrahistoria de Galicia, ambos de Antonio Reigosa Carreiras.

novembro cultural lourenza
0.18767094612122