Lourenzá prepara a romaría de San Adriano
AMariñaXa
cita comezará ás 9.00 horas coa misa para logo dar paso á rogación con Gaiteiros de Tovar
Foto de arquivo
3 Xuño 2024
Lourenzá prepara a romaría de San Adriano para o vindeiro 16 de xuño. A cita comezará ás 9.00 horas coa misa para logo dar paso á rogación con Gaiteiros de Tovar. Xa ás 13.30 haberá de novo misa e sesión vermú co grupo M3.
Xa pola tarde, a partir das 19.30 horas, celebrarase unha nova misa, seguia de verbena co dúo Belinda e o grupo M3.