Lourenzá pon en marcha actividades de lecer para conciliar este verán

AMariñaXa
Créanse 28 prazas máis co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral da maioría das familias
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
3 Xuño 2024

O Concello de Lourenzá pon en marcha un ano máis as actividades de dinamización infantil Tempo de Lecer 2024 que este ano organiza o Concello ao abeiro dun Convenio coa Deputación Provincial de Lugo. Créanse 28 prazas máis co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral da maioría das familias que o precisen e así dar cobertura ao maior número de nenos e nenas posible.

Terán lugar do 24 de xuño de 2024 a 06 de setembro de 2024 para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá 240 prazas e maiores 18 prazas en reserva para situacións de extrema necesidade. As iniciativas desenvolveranse de 9.00 a 14.00 horas e o servizo de madrugadores, : organizado pola ANPA, de 8.00 a 9.00

0.18752408027649