Lourenzá pide adicar a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá pide á Real Academia Galega adicar a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas de 2021.
117101246_2724028804501049_623831528264606381_o
1 Dec 2020

O Concello de Lourenzá vén de aprobar por unanimidade dos tres grupos solicitar a Real Academia Galega que se adique a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas de 2021.

Francisco Fernández del Riego, Don Paco para todos os laurentinos, naceu en Vilanova de Lourenzá, o 7 de xaneiro de 1913. Foi un escritor, intelectual e político que desenvolveu dende a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura e da lingua Galega.

Así, cumpridos os dez anos do pasamento, o 21 de novembro de 2019, o Pleno do Concello aprobou unha moción na que se solicita a Real Academia Galega que se adique o día das Letras Galegas de 2021 a Francisco Fernández del Riego e que se celebren en Lourenzá os principais actos dese día.

0.20889806747437