Lourenzá impulsa o tiro olímpico coa primeira edición do Gran Premio Faba de Ouro

AMariñaXa
O certame reuniu a tiradores destacados de Galicia, Asturias e Castela-León e tivo como escenario as instalacións do Real Aeroclub de Lugo
Lourenza-LAURENTINO-JORGE-LoPEZ-BARREIRA-CO-GAnADOR-DO-GRAN-PREMIO-FABA-DE-OURO-DE-TIRO-OLiMPICO
14 May 2025

A pasada fin de semana celebrouse con gran éxito o I Gran Premio Faba de Ouro de tiro olímpico, unha competición pioneira organizada por un grupo de veciños de Lourenzá recentemente incorporados a esta disciplina deportiva. O evento contou coa colaboración do Concello de Lourenzá e serviu para dar visibilidade a un deporte en crecemento no municipio.

A proba tivo lugar nas instalacións do Real Aeroclub de Lugo, congregando a algúns dos mellores tiradores de Galicia, Asturias e Castela-León, o que conferiu ao torneo un nivel competitivo moi destacado. O gañador absoluto e primeiro en alzarse coa Faba de Ouro foi Darío Piroscia Penado, do club CTO Castro, de Ferrol.

Na categoría sénior, o segundo posto foi para José Manuel Arias Vázquez, do Aeroclub Lugo, e o terceiro para o seu compañeiro de club Gervasio Murado Linares. En categoría feminina, a vitoria foi para Verónica Amado Figueredo, tamén do Aeroclub Lugo, seguida de Judith Baña Matalobos (CTO Castro) e María Teresa Pérez Grao (Club Cabe, Monforte).

Os veteranos tamén tiveron protagonismo. O podio completárono Javier Pereira López e Manuel Rivas Couso, ambos do Aeroclub Lugo, e Manuel Torrón Puga, do Club San Froilán.

A entrega de premios celebrouse no emblemático Pazo de Tovar, en Lourenzá, nun ambiente festivo que rematou cunha comida de confraternidade entre participantes e organización.

A organización agradeceu o esforzo de todos os tiradores, árbitros e voluntarios, así como o respaldo institucional do Concello, que contribuíu a facer realidade este evento que aspira a consolidarse no calendario deportivo da Mariña.

⚙ Configurar cookies
0.17031002044678