Lourenzá celebra a cuarta Feira do Cabalo en outubro

AMariñaXa
O Concello e a asociación Cabaleiros de Lourenzá programan unha nova convocatoria da cita
Imaxe dun cabalo
7 sep 2024

A cuarta Feira do Cabalo de Lourenzá chega ao municipio no mes de outubro. O Concello e a asociación Cabaleiros de Lourenzá programan unha nova convocatoria da cita o 27 de outubro. Polo momento, aínda non se presentou o programa, pero están confirmadas carreiras aparelladas de +1,51 e -1,51 e carreiras aparelladas CMG. Ademais, na propia feira entregarán premios ao míster e miss cabalo de tiro, ao míster e miss árabe, ao míster e miss español, ao míster e miss frisón, ao mellor cabalo engalanado ao xeito tradicional e ao maior número de cabezas de gando vacún.

A última edición, malia as inclemencias metereolóxicas, conseguiu reunir un bo número de participantes e de público no concello, onde se concentraron xinetes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. No mercado tamén se concentraron un bo número de cabezas e celebrouse a final do campionato galego oficial de concurso morfolóxico do cabalo de pura raza galega.

feira do cabalo lourenzá
0.1259491443634