Lourenzá asume a xestión dun treito antigo da LU-122 en Oural

AMariñaXa
O cambio de titularidade, aprobado polo Consello da Xunta, afecta a un tramo de 200 metros relegado ao uso veciñal tras a modificación do trazado da estrada
LOURENZA-CAMBIO-DE-TITULARIDADE-DUN-TREITO-DA-ESTRADA-AUTONoMICA-LU-122-
13 May 2025

O Concello de Lourenzá pasa a ser o novo titular dun antigo treito da estrada autonómica LU-122, situado no lugar de Oural, parroquia de San Tomé, e que fora quedado en desuso tras unha modificación do trazado principal. O Consello da Xunta vén de autorizar oficialmente a transferencia da titularidade deste tramo, que inclúe tamén o dominio público viario asociado.

Este treito, de aproximadamente 200 metros de lonxitude, discorre desde o punto quilométrico 25+350 ata o 25+590, na marxe dereita da estrada. A modificación da LU-122 fixo que deixase de formar parte da vía principal, quedando reservado ao servizo das edificacións e da veciñanza situada nesa área.

A petición partira do propio Concello de Lourenzá, que solicitou a asunción da titularidade para poder xestionar de forma directa esta infraestrutura e adaptala ás necesidades locais. O traspaso farase efectivo o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a entrega material dos bens formalizarase nos tres meses seguintes mediante a sinatura da acta correspondente.

A partir dese momento, será responsabilidade do Concello todas as tarefas relacionadas coa xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións vinculadas á disciplina viaria, entre outras competencias propias da nova administración titular.

Este cambio permitirá unha mellor atención ás demandas da veciñanza e unha maior capacidade de intervención municipal sobre unha infraestrutura que, aínda que fóra da rede principal, segue a ter unha función de servizo no ámbito local.

⚙ Configurar cookies
0.16179990768433