Lourenzá arrincará setembro coas festas na parroquia de San Adriano
O Concello de Lourenzá arrincará o mes de setembro coas festas na parroquia de San Adriano, na honra a Santa Filomena, e que serán dos días 2 ao 4.
O primeiro deles comezará cunha contundente cea ás 21.30 horas a base dunha gran pulpada e churrascada servida por Constante e xa pola noite terá lugar a primeira verbena a cargo de Costa Dorada e Saudade.
Ao día seguinte, haberá unha misa solemne ás 13.30 horas trala cal a sesión vermú será amenizada polo grupo Pontevedra, que volverá a actuar á noite xunto a Galilea.
O último día, o domingo 4 de setembro, tras a misa das 13.30 horas, a sesión vermú contará co grupo de baile da asociación cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá e de seguido tocarán os integrantes da orquestra Solara que volverá subirse ao escenario co dúo EPO-K na verbena da noite.
A festa disporá de campo cuberto por unha gran carpa.