Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis

AMariñaXa
Pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes
PRESENTACIÓN-EXPOSICIÓN-SOBRE-CAMPOS-DE-CONCENTRACIÓN-NAZIS-EN-LOURENZÁ-(1)
23 Xuño 2024

A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis, que pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes. Foi presentada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; Vidal Martínez-Sierra, directivo da asociación Patrimonio Laurentino; e Miguel Freire, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e un dos autores da exposición.

A alcaldesa destacou que Lourenzá conta con esta mostra “grazas á colaboración da asociación Patrimonio Laurentino, que fixo os trámites para que esta exposición puidese estar aquí” e anunciou: “Estamos organizando para o mes de xullo unha charla na que se falará polo miúdo desta mostra”.

Rocío López explica que a exposición “consta de máis de 40 paneis nos que expón unha introdución sobre o que supuxeron os campos de concentración nazis, a campaña Stolen Memory, patrocinada por los arquivos Arolsen, de Alemania, que recompilan a gran maioría dos documentos sobre a persecución nazi e os campos de concentración”. Nela investigadores voluntarios buscan ás familias dos deportados para devolverlles os obxectos persoais que se puideron recuperar dos campos nazis e que están depositados nos arquivos Arolsen.

“E a esta exposición incorporáronse resumes biográficos de deportados do Occidente de Asturias, da Mariña Lucense e ultimamente tamén de Siero e Noreña, en Asturias. Os idiomas utilizados nesta mostra son galego-asturiano, galego, bable e inglés”.

0.14632487297058