Lourenzá acollerá o Vilou Spring Fest e a reunión de Amigos de Vespa&Faba
O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa a 7ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 14 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Estes eventos están organizados por Vespa&Faba e Clásicos e tamén da asociación Conde Santo, de Lourenzá
Sobre a 7ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, a directiva, presentou de novo o cartel da 7° concentración do seu tradicional evento que coincide coa Festa da Faba e que tivo que ser postposta pola pandemia.
A xuntanza dará comezo ás 9.00 horas coa reunión no Cantón e ás 12.00 farase unha saída de vehículos. Xa ás 13.00 horas será a sesión vermú e acto seguido os participantes farán un xantar de confraternización no restaurante Baos. Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 660 049 416, 670 801 034, 689 008 073 ou 669 452 430.
No tocante ao festival, xunto á Panorama, ás 22.30 horas, actuarán o grupo Nueva Fuerza e os DJ Billy e Dani Rego que animarán unha noite que empezará sobre as 23.30 horas.
As entradas terán un custo de 10 euros e poderán adquirirse o mesmo día a partir das 17.00 horas no despacho de billetes ou ben facelo de maneira anticipada en distintos puntos da comarca.