Lourenzá acollerá o 1° rexistro de exemplares do cabalo de Pura Raza Galego

AMariñaXa
O Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro 27 de febreiro o 1° rexistro de exemplares do cabalo de Pura Raza Galego.
1 rexistro de exemplares do cabalo de Pura Raza Galego LOURENZA 1
7 Feb 2022

O Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro 27 de febreiro o 1° rexistro de exemplares do cabalo de Pura Raza Galego.

A xornadas dará comezo ás 11.00 horas coa quedada no recinto feiral laurentino para acto seguido dar saída a un pequeno paseo polo val no que exclusivamente poderán participar cabalos do país. Durante este paseo haberá un pequeno agape por cortesía do Concello.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas dará comezo o rexistro de exemplares do cabalo marchador galego e ás 17.30 horas haberá carreiras amistosas de cabalo do país.

Para participar é necesaria a previa inscrición antes do 24 de febreiro chamando ao número de teléfono 692 258 815.

0.10548520088196