Lourenzá acollerá a II Feira exposición do Cabalo Galego
O vindeiro domingo 23 de outubro Lourenzá acollerá unha cita equestre no recinto ferial de Vilanova de Lourenzá, a final do Concurso Morfolóxico Oficial de cabalos de Pura Raza Galega en sección eguas e sementais.
Así como o Concurso Morfolóxico Oficial de poldros e poldras PRG de menos de 36 meses e para participar haberá no Concurso Morfolóxico de poldros e poldras CMG haberá que chamar 676 881 964.
Para as carreiras de andadura de CMG serrada e chapeada as inscricións haberá que facelas no teléfono 692 258 815 e para os de andadura libre terase que chamar ao 689 419 722.
Será obrigatorio o uso do casco no recinto ferial e haberá un sorteo dun poldro CMG así como unha exposición de fotografía e guarnicionería do país.
Na andadura libre haberá un máximo de 25 participantes por categoría, por orden de inscripción. Deberase abonar 5€ á hora de recollelo dorsal, estes cartos serán empregados nos premios.
Uniformidade para os Morfolóxicos e carreiras CMG: camisa blanca, chaleco negro, pantalón negro ou vaquero. Cada xinete será responsable dos danos producidos polos seus equinos.