Lourenzá acolle unhas xornadas sobre a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario

AMariñaXa
O mércores 5 de xuño, a partir das 11.00 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades, na Biblioteca Maravilhas, en Lourenzá
ruralidades_lourenza
Programa da cita
29 Maio 2024

Durante estas semanas, no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario, a Asociación Labregas ten programados varios encontros en Lugo. O mércores 5 de xuño, a partir das 11.00 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades, na Biblioteca Maravilhas, en Lourenzá.

Na cita participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan. Xantaremos na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo, onde acontecerá o resto da xornada). Pola tarde estará Thais Rivera López da Casa Niño Ourol e María Ferreiro Santos responsable da Secretaría das Mulleres do SLG. Os interesados poden facer as súas inscricións no 606 398 305.

0.14062404632568