Lourenzá acolle o venres 11 a presentación do libro 'Un año contigo'

AMariñaXa
O salón de actos da casa da cultura de Lourenzá acolle o vindeiro venres 11 ás 20.00 horas a presentación do libro Un año contigo.
un ano contigo libro Raquel Amieiro e Pepe Peino LOURENZA
un ano contigo libro Raquel Amieiro e Pepe Peino LOURENZA
10 Nov 2022

O salón de actos da casa da cultura de Lourenzá acolle o vindeiro venres 11 ás 20.00 horas a presentación do libro Un año contigo.

Na presentación desta obra, creada por Raquel Amieiro e Pepe Peinó, intervirán ademais dos autores o profesor Bernardo Penabade e tamén haberá unha actuación de acordeón a cargo de Suso Casabella.

No libro cóntase a historia de Raquel durante o ano 2019, en que se lle diagnosticou un tumor canceríxeno de mama, como foi pasando polos diversos tratamentos de quimioterapia, radioterapia e hormonoterapia e como conseguiu recuperar a saúde.

Os beneficios obtidos pola venda do libro doaranse para a investigación na curación do cancro.

0.18729209899902