Lourenzá acolle o novo espectáculo de Carmen Conde
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá acolle a obra de Carmen Conde, TABÚ. Será o domingo 12 de setembro ás 19.00 horas no Claustro Mosteiro San Salvador.
10 sep 2021
O Concello de Lourenzá acolle a obra de Carmen Conde, TABÚ. Será o domingo 12 de setembro ás 19.00 horas no Claustro Mosteiro San Salvador.
Tabú" é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversacións recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos en Valmiñor, ou Morrazo, ou Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e ou Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de mocidade.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da terra galega, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clarexo todas as intimidades.