Lourenzá acolle mañá unha recepción aos aventureiros de Cabo Norte
AMariñaXa
O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá presentar os actos de saída para a aventura Lourenzá-Cabo Norte, unha viaxe en Dyane 6 e Vespa 200
8 Xul 2022
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200.
O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.
Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.