Lorenzo Gómez Dorado encabeza a candidatura á alcaldía de Alfoz polo BNG
O Bloque Nacionalista Galego presenta a candidatura á alcaldía en Alfoz. Estará encabezada por Lorenzo Gómez Dorado, de 31 anos, traballador forestal, da parroquia de Carballido.
Unha candidatura para volver a entrar con forza na corporación municipal de Alfoz
O BNG tén como obxectivo volver a entrar con forza na corporación municipal de Alfoz e vai traballar para que este concello se goberne pensando nas necesidades das persoas e na mellora dos servizos, para o que é necesario darlle voz e participación a todos os veciñ@s, @s colectivos e ás parroquias. Así o expuxo o candidato Lorenzo Gómez, quen tamén afirmou que “é necesario apostar polo noso potencial agrario e tamén polo forestal, dúas fontes de riqueza moi importantes no noso concello, ademais das moitas posibilidades que temos a nivel turístico”
Desenvolver todas as potencialidades de Alfoz
“Para nós é moi importante a implicación da xente nova en todos estes proxectos, creemos que temos moitas posibilidades de frear a sangría demográfica de Alfoz, e para eso desde o concello impulsaremos todas aquelas iniciativas locais que contribúan ao desenvolvemento da actividade económica neste concello” concluíu o candidato.
O BNG en Alfoz continúa traballando na confección do programa de goberno e que darán a coñecer próximamente, un programa que recollerá tamén moitas demandas veciñais.
A candidatura confórmana as seguintes persoas
1.- Lorenzo Gómez Dorado
2.- Paula Ferreiro Pena
3.- Diego Lorenzo da Conceiçao
4.- Aladino Barreira Chao
5.- Ana Vanessa Dorado Castro
6.- Xosé Anxo Fernández López
7.-Jaime Díaz Maseda
8.- María Celia Fraga Goás
9.- Enrique Salvador Fraga Calvo