Lontreira actuará durante o Día de Galicia na praza do Concello de Burela

AMariñaXa
O Concello de Burela, o Clube Baloncesto Burela e a SD Burela organizan o próximo 25 de xullo a festa
Lontreira
19 Xul 2024

O Concello de Burela, o Clube Baloncesto Burela e a SD Burela organizan o próximo 25 de xullo a Festa do Día de Galicia.

A festa comezará ás 20.30 horas na praza do Concello cunha pancentada, que dará paso ás 22.00 horas ao concerto de Lontreira.

“Un día importante no que celebramos o orgullo que sentimos por Galicia e pola nosa identidade, e en Burela queremos facelo cunha festa que implica ao tecido asociativo e deportivo”, asegura a alcaldesa, Carmela López, que agradece “a colaboración das carnicerías, panaderías e doutros establecementos comerciais”.

A concelleira de Festas, Patricia Eijo, engade que “apoiamos todas estas iniciativas das asociacións e clubes de Burela, porque á vez que se enriquece o evento todos podemos desfrutar, como é neste caso, dunha rica pancetada”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, engade que “dende a parte cultural para celebrar o día de Galicia, o concello apoia este evento cun concerto de Lontreira: cantan en galego e traen dende ritmos caribeños a cumbias, pasando por sons máis eléctricos. Estamos seguras de que a veciños e veciñas e visitantes lles gustará”.

0.13894391059875