Localizan grazas a un cidadán a un camioneiro que conduxo con perigo pola LU-540

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Garda Civil investiga ao condutor dun camión por condución temeraria.
4 Out 2019

A Garda Civil investiga ao condutor dun camión por condución temeraria. Os feitos remóntanse o pasado 17 de agosto. Un usuario que circulaba pola LU540 cara Viveiro efectou a gravación da condución dun camión de 40 toneladas, que, cunha estrada mollada, circulaba anormalmente e moi próximo ao vehículo que lle precedía.

Conduxo así durante varios kilómetros e efectou un adiantamento nunha zona prohibida no momento no que, polo sentido contrario circulaban outros dous vehículos, debendo todos os demais reducir á velocidade e circular polo arcén para evitar colidir contra o camión.

A persoa que presenciou e gravou os feitos púxoos en coñecemento da Garda Civil, facéndose cargo da operación o grupo Giat do Subsector de Tráfico de Lugo.

As xestións realizadas permitiron localizar o vehículo e identificar ao condutor o día dos feitos, sendo investigado como presunto autor dun delicto contra a seguridade vial por conducir con temeridade manifesta e poñer en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas.

A Garda Civil insiste na necesidade de efectuar unha condución acorde ás circunstancias da vía e do vehículo, respectando e non poñendo en perigo ao resto de usuarios.

A Garda Civil agradece a colaboración cidadá que neste caso ten sido fundamental para o coñecemento, esclarecemento dos feitos e posterior investigación do autor. Día a día aumenta o número de condutores concienciados con estas condutas potencialmente perigosas que avisan á Garda Civil.

0.14154100418091