Localizan carabelas portuguesas nos areais de Foz e Barreiros

Foz
AMariñaXa
Os organismos apareceron nas praias de Llas e na Rapadoira, o que obrigou a controlar o baño nestes puntos
praia-rapadoira-foz
1 Aug 2024

A subida da marea provoca que as carabelas portuguesas volvan aos areais de Foz e Barreiros. Os organismos apareceron nas praias de Llas e na Rapadoira, o que obrigou a controlar o baño nestes puntos. No caso da Rapadoira o servizo de socorrismo colocou a bandeira amarela.

Barreiros tampouco foi allea a está situación, xa que tamén as localizaron nas praias do Coto e Lóngara, onde izaron a bandeira vermella. Algúns destes pólipos son dun tamaño moi pequeno, o que conleva que sexan difíciles de localizar para os usuarios. Son perigosas para os bañistas porque as picaduras provocan unha inflamación da pel cunha dor e picor intensos, maior ca que provocan as medusas, así que se debe extremar a precaución.

Aínda que se deberán seguir as indicacións dos profesionais, o aconsellable é eliminar o resto de tentáculos con guantes e pinzas, lavar a zona con auga do mar sen refregar, aplicar calor para reducir a dor e, baixo prescrición médica, aplicar unha crema de corticoides ou analxésicos.

0.16896295547485