Llano reuniráse coa Conselleria de Mar para falar de Expomar 2021

TerraChaXa | AMariñaXa
Llano reuniráse coa Conselleria de Mar para falar de Expomar 2021 e con representantes de augas de galicia para tratar sobre a edar.
26 Nov 2020

O alcalde, Alfredo Llano, reunirase en Santiago coa conselleira de Mar, Rosa Quintana, para falar da celebración da Feira Náutico Pesqueira Expomar en maio de 2021.

Alfredo Llano anunciou que “achegaremonos ata Santiago o xerente de Expomar máis eu, representando á Fundación, para reunirnos coa conselleira de Mar. Preocúpanos facer unha boa Feira Exposición para o ano 2021. Temos o obxectivo de beneficiar o máximo posible o sector náutico pesqueiro e seguir con esta tradición de celebrar a feira porque cremos que é moi bo para Burela, para A Mariña e para o sector. Imos contar coa Consellería, que sempre estivo aí para prestar a súa axuda para esta feira”.

O alcalde dixo que “imos establecer un método de traballo para ter todo preparado para o mes de maio se é posible. Agora se están dando xa unha serie de melloras en relación co covid e iso é motivador para empezar a traballar”.

Llano aproveitará esta viaxe a Santiago para manter un encontro en Augas de Galicia: “tamén me reunirei con Augas de Galicia para tratar o tema da Edar. Están saíndo estes días unhas noticias dos orzamentos da Xunta onde non figura especificamente unha cantidade acorde co que é a Edar de Burela. Hai que ter en conta que a Edar en principio conta cun orzamento de 9 millóns de euros e aparecen 370.000 euros aproximadamente. Quero saber como está agora mesmo todo o proceso porque había que mirar si xa está licitado o proxecto executivo, que estaba a piques de ser solicitado no mes de setembro ou outubro. É certo que teñen catro meses para facer ese proxecto e despois pasaríase a licitación. Se é necesario facer a licitación teñen que ter cartos no orzamento para poder facerse. A ver se me explican porque realmente o que nos interesa é que a obra da Edar se faga e queremos que se faga no prazo para que non se perdan cartos da Unión Europea, ou sexa que ten que estar rematada en 2023. Dado que é unha obra complexa é normal que esteamos preocupados. Imos ver que é o que nos contan”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18923187255859