Literatura e cine únense na programación cultural de Vegadeo

AMariñaXa
A Casa de Cultura de Vegadeo acollerá un taller de escritura creativa e proxecións de cine dentro da súa programación cultural
concello-vegadeo
5 Feb 2025

A Casa da Cultura de Vegadeo será o escenario dun obradoiro de escritura creativa que comezará o martes 11 de febreiro e será impartido por Ana Lamela. A actividade constará de catro sesións, que terán lugar os días 11 e 25 de febreiro, e 11 e 25 de marzo, en horario de 19.00 a 21.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse na biblioteca municipal ou a través do correo electrónico biblioteca@vegadeo.es.

Ademais, a programación cultural completarase coa cinemateca ambulante, que ofrecerá catro sesións de proxeccións audiovisuais. As películas programadas son: "Dahoney", o 12 de febreiro ás 20.00 horas; "Retaguardia", o mércores 26 de febreiro á mesma hora; "As sombras do poder", o 12 de marzo; e "Lúa", o 26 de marzo, ambas tamén ás 20.00 horas.

Unha completa proposta cultural para o primeiro trimestre do ano en Vegadeo.

0.16756296157837