Listos os horarios para o Vendaval Fest de Ribadeo

AMariñaXa
O concello de Ribadeo acolle o vindeiro 22 de xullo o Vendaval Fest, un festival ao aire libre que contará con entrada e acampada gratis.
vendaval fest ribadeo
19 Xul 2023

O concello de Ribadeo acolle o vindeiro 22 de xullo o Vendaval Fest, un pequeno festival ao aire libre que contará con entrada e acampada gratis. A apertura de portas será ás  19.30 horas.

Esta cita musical contará cos concertos de Heredeiros da Crus, Gansos Rosas (Grupo tributo a Guns N´ Roses), La Tarrancha, Beetle Judge, Ritmo Vudú e La Duendeneta.

Haberá sesión vermú desde as 12.30 horas con exposición artística no Cantón e seguindo ás 14.00 horas na zona vella amenizando as rúas atoparase La Duendeneta. Tamén contarán con zona gastronómica a cargo de foodtrucks.

Para máis información será necesario consultar a súa páxina web.

vendaval fest 2023 ribadeo horarios
0.12025189399719