Listo o programa das Festas do Oito de Ferreira do Valadouro
A comisión de festas de Ferreira do Valadouro fixo publico a programación da tradicional festa de setembro, as Festas do Oito, as patronais municipais na honra da Nosa Señora.
Estas festas celebraranse os días 7, 8, 9 e 10 de setembro e comezarán na xornada do xoves coa gran verbena do Combo Dominicano e a discoteca móbil Conxuro.
O venres 8 haberá misa solemne ás 12.00 horas seguida da actuación da Asociación Cultural Amado Lar e dos grupo Fussión, quen tamén amenizará a verbena da noite xunto ca orquestra Glailea.
O sábado 9 volverá o oficio relixioso coa procesión ás 12.00 horas acompañada da Banda de Música. Despois haberá sesión vermú con Toxo Guayaba.
Pola tarde será o Día do Neno no que haberá xogos populares e inchables na praza de Santa María e en caso de chuvia trasladaranse ao pavillón.
Xa pola noite, ás 23.00 horas será a quenda da Disco Móvil Medusa e de Toxo Guayaba.
O derradeiro día de festa, o domingo 10, tan só haberá unha actuación musical ás 14.30 horas a cargo do Dúo Belinda.