Listo o cartel para o V Festival viveirense Ether, An Electronic Odyssey

AMariñaXa
Este ano volve o festival Ether, An Electronic Odyssey, e chega a súa quinta edición despois da parada provocada pola covid
obras ceip o vicedo
17 Xul 2022

Este ano volve o festival Ether, An Electronic Odyssey, chega a súa quinta edición despois da parada provocada pola covid e realizarase nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro a 30 de xullo.

A edición deste ano aposta por un line-up máis completo a respecto da edición anterior en termos de artistas e variedade de estilos musicais, colocando Ether como un festival de música electrónica de referencia en Galicia. 

O cartel estará formado por Mark Broom, Bárbara Lago, Chica Gang, Drea, Karras Martínez, Soffmm, Adrián Roma, Llonas, Edmuk JP

A oferta cultural ofrecida polo Ether 2022 divídese en tres partes: os Etherkids, o Etherplay e o festival de música. Por un lado, os Etherkids serán realizados na semana anterior ao festival de música. Nestas actividades de lecer para os meniños, o comportamento creativo é promovido através de novos contextos tendo a música electrónica como protagonista.

No Etherplay, o produtor Álvaro Aragonés (Daar), irá presentando o mundo da interpretación e deseño de son con instrumentos reais como secuenciadores, sintetizadores, caixas de ritmo, etc., ben como a preparación dunha actuación ao vivo con hardware viaxando a través da súa metodoloxía e técnicas. A actividade incluirá unha breve parte teórica de iniciación, pasando pola configuración do set up e terminando co inicio do directo.

Por outro lado, o festival de música comezará coa sesión vermú, que se conectará co resto das actuacións con presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Disco principalmente.

Ether – An Electronic Odyssey é un festival único onde podemos desfrutar da música electrónica ao mais alto nivel, mais tamén da natureza, lecer e vida social que Viveiro ofrece durante o verán.

0.18694090843201