Listo o cartel para as festas de San Xoán de Covas de Viveiro

AMariñaXa
A comisión de Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro informou de que xa teñen listo o cartel para as celebracións deste ano.
festas san xoan de covas viveiro 2023 1
13 Maio 2023

A comisión de Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro informou de que xa teñen listo o cartel para as celebracións deste ano.

Así, as festas comezarán o venres 23 de xuño coa a gran verbena da orquestra Fuego e Kalima 3.0 que amenizarán a lumeirada que será ás 00.00 horas.

A xornada do sábado 24 de xuño comezará con pasacalles a partir das 11.00 horas a cargo da Escola de Gaitas Cacharela de Covas, e ás 13.00 horas será a misa solemne e a procesión. A continuación haberá unha sesión vermú coa orquestra Salsarena e xa pola noite, ás 22.30 horas, será a verbena a cargo de Salsarena e Anaconda.

O domingo 25 repetiránse os actos do sábado, con pasacalles e a sesión vermú aínda que nesta ocasión con Non Cho Digo e a Escola de Gaita Cacharela de Covas, e o vermú coa orquestra La Bamba.

Pola noite haberá unha gran sardiñanda no Campo da Pascua na que os asistentes poderán desfrutar desta delicia gastronómica a partir das 20.00 horas, e máis tarde La Bamba e Marbella poñerán a nota musical.

O último día da festa, o luns 26, desde as 17.00 horas celebrarase o Día do Neno con atraccións a prezos populares no Campo da Festa.

festas san xoan de covas viveiro 2023
0.20204710960388