Limpan as praias cervenses da Caosa e Cubelas para extraer os biofiltros que apareceron
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, está a acometer labores de limpeza nos areais de Cubelas e A Caosa para extraer unha gran cantidade de biofiltros que apareceron na mañá de hoxe e que, polo momento, teñen orixe descoñecida.
Unha brigada formada por operarios do Concello está a traballar nestes momentos para recoller todos os biofiltros e restos materiais que apareceron xunto a eles.
Estes biofiltros están compostos dun material reutilizable. Unha vez recollidos e almacenados, destinaranse á estación depuradora de Figueirido, onde se aproveitarán e formarán parte do proceso de depuración das augas.
Apunta a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez: "en canto se tivo coñecemento da aparición destes elementos nos areais, puxémonos en contacto cos operarios do Concello para enviar a unha brigada o antes posible e comezar as labores de limpeza".