Licitados novos arranxos de camiños en Barreiros

AMariñaXa
Licitados novos arranxos de camiños en Barreiros por máis de 280.000 euros. As actuacións ser limpeza de cunetas e mellora de firmes
casa do concello de barreiros
2 Maio 2023

A Xunta de Goberno Local de Barreiros deu inicio a dous procesos de contratación para o arranxo de camiños municipais. Trátase dos plans que executa o Concello con abeiro aos fondos do Plan Marco da Consellería do Medio Rural e do Plan Único da Deputación Provincial. Un total de 288.887,49€ que se destinarán a mellorar máis de 9,5kms de viarios municipais.

As actuacións consistirán na limpeza de cunetas e mellora de firmes mediante a aplicación de regos asfálticos ou aglomerados, en función dos tipos de vías.

Os camiños que se arranxarán con cargo aos fondos do Plan Marco de Camiños serán na parroquia de Benquerencia os que comunican o Armilo con Remior, de Pedregás á Cancela Vella e a rúa de Lugo, na zona costeira.

Con cargo ao Plan Único arranxaranse os camiños da Proída, A Cosqueira-A Malata e O Barreiro-Vista Alegre, en Reinante; accesos ao Río e O Couto, en Cabarcos; Calzada-San Paio e accesos San Paio, en San Xusto; Carreira-Pico da Carreira, en Vilamartín Pequeno; Xunto á Igrexa, A Romiña e As Saíñas, en Celeiro; As Eiras, acceso á estrada xeral, e do Cascabeiro ao Acantilado en San Cosme; acceso As Travesas, en Benquerencia e a estrada que sube de San Miguel a Remourelle.

Os prazos para a presentación das ofertas por parte das empresas rematan o día 15 e o 23 deste mes, respectivamente. E o prazo de execución das mesmas son tres meses desde a sinatura da acta de replanteo das obras.

arranxos caminos barreiros plan unico 2023
0.13689303398132