Licitado o arranxo de máis de 3,5 kms de varias estradas de Barreiros

AMariñaXa
O presidente supervisa o resultado das melloras en tres estradas de Barreiros, onde a Deputación investiu 150.000€
2 Feb 2024

A Xunta de Goberno Local de Barreiros, aprobou o inicio da licitación para o arranxo dos camiños de A Picota e As Brañas, en Benquerencia; de acceso ás Cambas, en Vilamartín Grande e da LU133 a Ladrido.

Os viarios de Benquerencia suman un total de 715metros que se arranxarán con aglomerado en quente por un importe de 48.805,22 euros. O importe máis elevado correspóndese coas actuacións que se desenvolverán nos 2.857metros que suman os viarios de San Xusto e Vilamartín, onde se arranxarán os accesos a Ladrido desde a LU133 con aglomerado en quente, ao tempo que se procederá ao arranxo da ponte situada sobre o rego Puxigo e no de acceso ás Cambas, en Vilamartín Grande; onde se executará a mellora mediante rego asfáltico.

As empresas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o 19 de febreiro. Para a execución de ditos viarios prevese un prazo de tres meses, tendo que estar finalizados en calquera caso antes do 26 de agosto.

Os traballos serán financiados con cargo á axuda solicitada polo Concello de Barreiros ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2023 da Consellería de Medio Rural, pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, segundo a cal ao Concello de Barreiros lle correspondería a contía máxima de 143.253,10 euros; asumindo o Concello 30.083,15 euros correspondentes ao IVE.

0.14987182617188