Licitada a concesión para a venda nun posto do Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias ribadense

AMariñaXa
O Concello sacou a concesión da autorización para a venda no posto nº3 do Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias. 
rua rodriguez murias ribadeo
10 Mar 2022

O Concello sacou a concesión da autorización para a venda no posto nº3 do Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias. 

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local indican que “o modelo de solicitude e mais a documentación que deberán presentar os interesados, encóntranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.  O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de marzo”.

O Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias celébrase do 1 de xullo ao 15 de setembro con periodicidade diaria, e do 16 de setembro ao 6 de xaneiro e do 1 de marzo ao 30 de xuño as fins de semana e os días festivos. 

“Poderán presentar as súas solicitudes os artesáns e creadores que acrediten que as pezas a expoñer son de autoría propia”, engaden desde a Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo.

0.10646986961365