Líbano, un extraordinario exemplar de boi de Xove acaba de ser vendido
Líbano, un extraordinario exemplar de boi acaba de ser vendido en Xove. Este animal foi criado integramente nunha explotación gandeira de Xove, concretamente na de Araceli Louzao.
Araceli é filla e neta de gandeiros. O seu avó Demetrio Demetrio Louzao, coñecido en toda a Mariña como o Lugués, foi durante moitos anos o principal comprador de bois da comarca. Mercaba unha media duns 30 bois semanais, e durante os meses de marzo a xuño, enviaba estes bois ao Pais Vasco (naqueles intres eran as Vascongadas), en camión ata Lugo a través de Transportes Montaña e de Lugo ao País Vasco en tren.
O pai de Araceli, José Louzo (Pepe do Chacino), xubilado, apoia á súa filla nesta laboura de cria de bois, xa que pola súa idade e experencia, estando vinculado durante moitos anos a este mundo gandeiro da cria de bois, supón unha guía e un aporte de experencia moi enriquecedor para súa filla.
Actualmente están criando 7 bois, e a ilusión deles, como continuadores do traballo do seu avó Demetrio é dar a coñecer a importancia da cría de bois e do potencial que ten Galicia, e en especial a Mariña, para esta laboura, co fin de que novas xeneracións se incorporen a esta actividade, que ademáis pode e debe convertirse nun importante recurso económico, xa que estamos a falar dunha gandeiría de altísima calidade, cunha producción cárnica moi fina e tremendamente apreciada polos mís importantes gourmets do mundo.