Leopoldo Erice presenta o seu disco no Salón dos Alcaldes de Ribadeo
O Salón dos Alcaldes de Ribadeo acolleu a presentación do disco de Leopoldo Erice Beethoven. The Last Sonatas. No acto estivo acompañado polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. Leopoldo Erice, que deu o seu primeiro concerto como pianista en Ribadeo na igrexa da Terceira Orde, presentou onte o seu primeiro CD no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello.
O CD contén as tres últimas sonatas de Beethoven, que coas imaxes e textos que as acompañan encaixan marabillosamente con Ribadeo. Erice participou no 2001 no Festival de Música Clásica de Ribadeo. Foi o organizador do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo desde o 2006. Acompañaron tamén ao intérprete na mesa Balbino Pérez Vacas, Toni Deaño e Carlos Álvarez Lebredo, que destacaron diferentes facetas persoais e profesionais do músico, así coma un representante do selo discográfico Obradek.