Leña Verde de Vegadeo quere recuperar a tradición das Carrozas de Plata

AMariñaXa
O obxectivo é facer un desfile de carrozas en agosto, acompañado de música, cocos e cabezudos
leña_verde_carrozas_de_prata
26 Xuño 2024

Dende a asociación Leña Verde de Vegadeo queren recuperar a tradición reiventada das Carrozas de Plata. Deste xeito, fan un chamamento aos veciños do concello e de pobos contiguos que queiran apoialos para revivir esta tradición. O obxectivo é facer un desfile de carrozas o 14 de agosto, acompañado de música, cocos e cabezudos.

Nel tamén poden participar todas as persoas que queiran acompañar para presentar aos candidatos, as persoas maiores do pobo que se merezan ser rei e raíña de prata. A votación realizarase votando en urnas que se irán pasando polos bares do pobo á hora do vermú dese mesmo día, e a coroación terá lugar no Soutón, antes do tradicional partido de fútbol entre o Vegadeo e o Ribadeo. A cita será este venres a partir das 20.00 horas no local de ASATA.

 

0.083498001098633