Ledicia de Burela remata o curso cun festival aberto

AMariñaXa
Convidan a toda a veciñanza a desfrutar do traballo de todos estes meses levado a cabo no obradoiro da man do colectivo
Sociedade-Cultural-Ledicia
27 Xuño 2024

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela rematará o curso 23/24 da Escola de Baile e Música Tradicional cun festival aberto ao público onde participará todo o alumnado. Esta celebración terá lugar este sábado 29 de xuño ás 18.00 horas na praza do concello, e convidan a toda a veciñanza a desfrutar do traballo de todos estes meses levado a cabo no obradoiro da man do colectivo.

0.10976696014404