Ledicia de Burela impartirá clases de gaita, bordado e encaixe de bolillos

AMariñaXa
A Sociedade Cultural Ledicia de Burela ofrecerá clases de gaita e percusión durante o curso que comeza a partir de primeiros de outubro.
encaixe bolillos
22 sep 2022

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia de Burela ofrecerá clases de gaita e percusión durante o curso que comeza. Estas terán o seu inicio a primeiros de outubro.

As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades (baile, canto, pandereta, percusión e/ ou gaita) poden contactar con Ledicia a través do mail lediciascr@gmail.com ou nos teléfonos 696 22 33 04 (Idara) 666955578 (Sonnia) ou 667502767 (Sofía).

Tamén no mes de outubro contan con reiniciar os cursos de bordado e encaixe de bolillos, para o que poden informarse no 616995097 (Rocío).

0.15100789070129