Ledicia abre o prazo para os carteis da Feira do Bonito de Burela

AMariñaXa
A sociedade cultural Ledicia convoca o concurso de carteis co gallo da celebración da XXXVIII Feira do Bonito, que terá lugar o 3 e o 4 de agosto na zona portuaria de Burela.
12 Maio 2024

A sociedade cultural Ledicia convoca o concurso de carteis co gallo da celebración da XXXVIII Feira do Bonito, que terá lugar o 3 e o 4 de agosto na zona portuaria de Burela. Haberá dúas categorías: para concursantes ate 14 anos e para maiores de 14 anos.

Poden participar tódalas persoas que o desexen, cun ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría na que concursan. O tema debe ter relación co bonito ou co ensalzamento da Feira. O encabezamento do traballo será XXXVIII FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 3 e 4 de agosto de 2024

A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son: de 15 X 20 cm para os participantes de ata 14 anos e de 50 x 65 cm para os maiores de 14.

6Os orixinais poden entregarse ata o día 19 de xuño de 2024 no local social da Sociedade Cultural Ledicia – rúa do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela, de xeito persoal os mércores entre as 20.30 horas e as 22.30 horas, por correo  se non se puidese acudir ao local, pódese entregar a algunha persoa da xunta directiva.

Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador. Os premios consistirán en obsequios representativos da feira e serán entregados o propio día da celebración, e as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.

0.1685779094696