Laura Rivas, de 9 anos, é a gañadora do concurso de postais de Nadal de Lourenzá
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá escolleu a postal coa que vai felicitar as festas navideñas. A autora é Laura Rivas Iglesias, de 9 anos, que recibirá como premio 100 euros e un trofeo.
23 Dec 2021
O Concello de Lourenzá escolleu a postal coa que vai felicitar as festas navideñas. A autora é Laura Rivas Iglesias, de 9 anos, que recibirá como premio 100 euros e un trofeo.
O xurado tamén decidiu conceder un accésit á postal presentada por Aldara Rexes Cupeiro, de 4 anos, que recibirá un lote de material didáctico.
Os premios serán entregados mañá, xoves, durante a recepción de Papa Noel, que terá lugar nos baixos do Concello de 17 a 19 horas.