Lara Méndez esixe á Xunta que cumpra o compromiso de financiar unha parte da EDAR de San Miguel de Reinante

AMariñaXa
A parlamentaria socialista denuncia o atraso e o incremento do custo do proxecto tras 15 anos de demora por parte do goberno galego.
lara-mendez-psdeg
3 Jul 2025

A deputada do PSdeG Lara Méndez reclamou hoxe á Xunta de Galicia que, cando menos, asuma o compromiso adquirido en 2010 para financiar un terzo da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Miguel de Reinante, situada en Barreiros. Méndez presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento galego para instar o goberno autonómico a desbloquear este proxecto, tras quince anos de retrasos e excusas.

A parlamentaria alertou de que a actitude do executivo autonómico, que tenta desviar responsabilidades, prolongar os prazos e impor condicións a terceiros, está a xerar un despilfarro e un incremento innecesario dos custos. Inicialmente, o proxecto tiña un orzamento de 2,3 millóns de euros, pero actualmente supera os 6 millóns. Méndez instou á Xunta a aportar a súa parte, ben desde os 104 millóns do orzamento de Augas de Galicia, mediante o canon da auga, que acusa de empregar con criterios partidistas, ou con fondos propios.

Reclamou un compromiso firme, que segundo ela non está a manifestar a Xunta, que paralizou o proxecto orixinal en 2011 e que só retomou en 2017 tras a presión exercida polos socialistas galegos desde 2015, aínda que a dilación mantense desde 2018.

Méndez pediu unha redistribución adecuada dos recursos, xusta e equitativa, que corrixa as desigualdades provocadas pola xestión discrecional do PP, que paralizou as obras en Barreiros pero financiou proxectos similares en Ribadeo ou Cervo. Ademais, criticou que a Xunta traslade responsabilidades ao goberno central, indicándolle como debe facer o proxecto porque a propia Xunta lle interesa dividir o proxecto para valorar se finalmente o financia ou non.

⚙ Configurar cookies
0.17985105514526