Landrove recupera a tradición cunha nova edición da Festa Labrega e coas VI Olimpíadas Rurais

AMariñaXa
Landrove será o escenario, unha vez máis, da VII edición da súa Festa Labrega e das VI Olimpíadas Rurais.
presentacion festa labrega
11 Out 2023

Landrove será o escenario, unha vez máis, da VII edición da súa Festa Labrega e das VI Olimpíadas Rurais. Estas dúas citas, organizadas pola asociación cultural e deportiva Pequenos Pasos coa colaboración do Concello, terán lugar os días 13 e 14 de outubro no campo da festa.

O inicio da celebración será o venres ás 21.00 horas co tradicional prendido da chama olímpica e seguirao a actuación do grupo Amigos do Folk a partir das 22.00 horas. Os asistentes poderán degustar boliños preñados de balde.

O sábado 14, a sesión vermú estará a cargo do trío Zafiro a partir das 13.00 horas. Ás 16.00 horas darán comezo as V Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá unha actuación do grupo Espera que Vou Mexar ás 20.30; cea labrega ás 21.00; e finalmente, ás 23.00, festa co trío Zafiro e con Santín & María Barral.

Con esta cita, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e gozar do ocio no rural hai varias décadas. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo agradecer un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional celebración.

Cartel festa
0.2018940448761